En ecofogar sabemos da importancia de poder ofrecer ós nosos clientes unha gama ampla de produtos, por iso ademáis de dedicarnos á realización de estufas de inercia ou masa térmica, tamén dispoñemos de outros tipos de estufas, chimeneas e demáis aparatos alimentados por leña tales como barbacoas, rocket stove, barbacoas de sobremesa, etc.

 

E para poder ofrecer un servicio completo tamén dispoñemos de todo tipo de produtos complementarios, accesorios e productos de limpeza e mantemento para a tua estufa. Elementos de almacenaxe de leña, aspiradores de cinza, tubos e demáis accesorios para canalización de fumes,  atizadores, cordóns aillantes para portas de estufas ou pinzas son algúns dos complementos que podes atopar na nosa tenda (tamén na nosa tenda web).

 

Ademáis, en ecofogar temos tamén á venda todos aqueles produtos específicos precisos para a autoconstrución dunha estufa de masa térmica ou simplemente para o mantemento do teu sistema de calefacción. Todos produtos probados nas nosas estufas e de calidade contrastada, moitos deles de moi difícil localización; morteiros de revestimento refractarios, masillas de recheo anticalóricas, pranchas de vermiculita, yeso refractario, aillantes, etc.

 

Todos os nosos productos agás as estufas de inercia térmica están dispoñibles para a venda na nosa tenda web.